Twitter comeza a non contar os caracteres dos nomes de usuario nas respostas

twitter-sen-limites

Xa pasou bastante tempo desde que Twitter anunciou que “proximamente” irían chegando importantes novidades relacionadas coa limitación de 140 caracteres. Daquela comentaron que non restarían caracteres para os tweets as imaxes, enquisas, ligazóns e mencións ás usuarias, e pouco a pouco imos vendo como se materializan. Se desde hai varias semanas xa podemos aproveitar os 140 caracteres dos tweets malia poñer unha foto, agora comeza a chegar a eliminación da limitación por mencións.

twitter-respostas

Tal e como podemos ver no gif anterior, ao facer unha resposta a un tweet xa non se amosarán a ristra de nomes de usuario e “arrobas” pertinente, senón que se fará dunha forma moito máis sutil e conservando intactos os 140 caracteres para respostas maiores.

twitter-respostas-2

Dunha maneira semellante ás etiquetas das fotografías que se suben á rede de microblogging, abrindo un tweet poderemos visualizar que persoas participan na conversa. Imaxinamos que no relacionado coas notificacións nada cambiará, a pesar de que a estética sexa diferente.

Agora só queda ter paciencia para que esta actualización chegue axiña ás nosas contas para poderlle sacar todo o potencial. Que vos parece?

Vía

Sobre o autor

Reply