Samsung aposta por unha gama media potente co Galaxy A5 (2017) que prepara

samsung-galaxy-a5-2015-filtrado-1

Ademais da gama máis premium, Samsung estalle a dar moita importancia nos últimos tempos á súa gama media, que, lonxe dos malos trebellos que tiñan neste segmento hai anos, son un referente para moitas outras marcas da competencia.

A familia Galaxy A é unha boa mostra dese bo facer, especialmente o modelo Galaxy A5, do que xa están preparando a versión 2017, que podería chegar antes do Nadal para ser un os trebellos a escoller polo Apalpador. Este modelo vén de ser filtrado con todo luxo de detalles, deixando ver que volve haber unha aposta por materiais como o cristal e o metal, que tantos nos gustan.

En canto a especificacións, o Samsung Galaxy A5 2017 estaría equipado cunha pantalla SuperAMOLED FullHD de 5,2 polgadas, e no seu interior albergaría un procesador de fabricación propia, o Samsung Exynos 7880, de oito núcleos (catro Cortex A72, a 1,8 GHz, e catro Cortex A53, a 1,3 Ghz), xunto 3 GB de memoria RAM. A memoria interna estaría entre os 16 e os 32 GB, ampliábeis por microSD, e a a batería quedaría nos 2900 mAh.

Quedaríanos por coñecer outros aspectos dos que non trascendeu información, como as súas cámaras. Outras prestacións xa se dan por sentadas, como o 4G, NFC e o lector de pegadas dixitais, elementos necesarios para poder seguir potenciando Samsung Pay, o sistema de pagos móbiles do fabricante surcoreano.

Agora tan só nos queda agardar a que outra filtración acabe de descubrir as prestacións que quedan por saber ou que Samsung faga oficial o seu anuncio, dando así capretazo ao Note7gate que tanto manchou a súa imaxe nos últimos tempos.

Sobre o autor

Reply