Novidades en Pokémon Go: segunda xeración e ampliación de espazo á metade de prezo

Desde hai bastante tempo, as afeccionadas a Pokémon Go desexaban un cambio ou unha nova variante do xogo para voltar meterse de cheo no mundo Pokémon e seguir aumentando o número de criaturas na súa Pokédex, co fin de conseguir completala antes de deixar abandonado o xogo.

Por fin semella que temos que deixar de lado os dramatismos e voltar engancharnos ao que foi o xogo do vérán, cargar enerxías e seguir xogando (ou acordar desde o estado de “stand by”), xa que esta mesma semana chegan máis de 80 Pokémons da segunda xeración, da que xa vos falamos longo e tendido nesta outra entrada.

Algúns deles xa os coñecemos, pois chegaron coa actualización que fixo que bebés Pokémon saísen dos ovos. Agora chegan moitos máis, e teremos a posibilidade de evolucionar algúns Pokémon da primeira xeración, mais ollo: para iso vai ser preciso recoller novos obxectos nas Poképaradas.

A nova versión de Pokémon traerá tamén novos obxectos para incrementar o noso inventario. Atoparemos dous tipos novos de baias, as cales reciben o nome de “Baya Latano”, que ralentizará os movementos dos Pokémon salvaxes á hora de querer ser capturados, e as “Baya Pinia”, que ofrecerán o dobre de caramelos aos habituais se somos quen de capturar o Pokémon en cuestión. Ademais, escoller unha baia ou Pokéball para capturar un Pokémon será moito máis doado grazas á incorporación dun carrusel de obxectos.

Ampliar espazo será mis barato

Xunto con todas estas novidades, Niantic vén de anunciar que ampliar espazo para obxectos ou Pokémons custará a metade de Pokémoedas, co fin de que non nos “arruinemos” coa chegada da actualización, coa que precisaremos ter máis espazo para acoller as novidades.

Volveredes xogar? Nós temos claro que continuaremos até facérmonos con todos!

About The Author

Reply