Xiaomi prepara o Xiaomi X1, outro trebello que esquece os marcos

Lonxe de ser unha moda pasaxeira, as opcións para facerse cun móbil sen marcos vanse multiplicando. O fabricante chinés Xiaomi ten moi claro que o futuro pasa por aí, polo que logo do experimental Xiaomi Mi Mix comezan a aparecer outros dispositivos que van na mesma liña.

Falamos do Xiaomi X1, un dispositivo que vén de ser filtrado e que suporá o inicio dunha nova serie de smartphones de gama media na que apostan pola (practicamente)nula presenza de marcos arredor  da pantalla. A filtración tamén deixa caer que a presentación oficial deste dispositivo sería inminente.

En canto ás características técnicas, todo apunta á presenza dunha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 2160 x 1080 píxeles de resolución. Na parte traseira teríase unha cámara dobre, formada polos sensores SONY IMX 362 e IMX 386, e no interior levaría un procesador Qualcomm Snapdragon 660, con varias combinacións de RAM e memoria interna, partindo dun mínimo 4 / 64 GB nunha versión con marcos e de 6 / 64 GB na versión sen marcos.

 

Sobre o autor

Reply