Simyo copia a estratexia de Lowi e xa permite acumular os megas non consumidos

Simyo, unha das marcas comerciais low cost de Orange, vén de anunciar un cambio importante na xestión das súas tarifas ao copiar unha das mellores características dun dos seus competidores máis directos: Lowi, o operador de baixo custe de Vodafone. Trátase da posibilidade de acumular os megas non consumidos da tarifa para empregalos en próximos ciclos.

A principal diferenza deste servizo que Simyo co que ofrece Lowi está en que estes megas que non gastamos nun determinado mes pódense acumular até un máximo de tres meses, mentres que na operadora low cost de Vodafone o período para consumilo é dun mes.

Poderán beneficiarse deste novo xeito de xestionar os megas non consumidos as clientas das opcións “Crea tu tarifa”, que permiten ás usuarias seleccionar a cantidade de datos que queren disfrutar nun mes (100 MB, 700 MB, 1,7 GB, 4 GB, 10 GB, 20 GB ou 25 GB)

As usuarias de Simyo de cartón prepago comezarán a disfrutar desta novidade na facturación a partir da próxima renovación, mentres que aquelas persoas que teñen contrato farano a partir do primeiro día do seguinte ciclo de facturación, que pode ser o 20 de febreiro ou o 1 de marzo, dependendo das usuarias.

Sobre o autor

Reply