Xiaomi anuncia a chegada do Mi 9 SE

Logo do lanzamento, semanas atrás, do Xiaomi Mi 9, o fabricante chinés vén de anunciar a chegada dun novo modelo ao noso país. Trátase do Mi 9 SE, un dispositivo claramente inspirado no actual buque insignia da compañía pero cun deseño algo máis compacto e características recurtadas.

O Mi 9 SE leva unha pantalla de 5,7 polgadas con notch de tipo pinga, resolución FullHD e formato 19,5:9. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 712, xunto con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenaxe interna.

No apartado fotográfico temos un sistema de triple cámara traseiro, formado por sensores de 48, 13 e 8 megapíxeles (superangular e zoom óptico), mentres que na parte dianteira temos unha cámara de 20 Mpx.

Completando a listaxe de especificacións temos unha batería de 3070 mAh de capacidade con carga rápida (18W), NFC e pegada dixital baixo a pantalla.

Dispoñibilidade e prezo

O Xiaomi Mi 9 SE chega ao noso país por 349 euros, estando dispoñíbel desde o 16 de abril en Mi Stores e Amazon, a partir do 24 de abril en mi.com e desde comezos de maio en Movistar. Así mesmo, o modelo de 64 GB chegará o 24 de abril a Alcampo, Carrefour, El Corte Inglés, Media Markt, Phone House e Worten por 399 euros.

Sobre o autor

Reply