Así son os Samsung Galaxy A50S e A30S

A estratexia de Samsung cos novos modelos da serie Galaxy A sentoulle ben á compañía neste 2019. Contar cuns modelos con boa relación calidade e prezo fixo posíbel competir cun xigante que comezaba a ser un problema para o fabricante surcoreano: Huawei e a súa aposta por tirar os prezos para sumar cota de mercado.

Nesta situación Samsung apostou por seguir mellorando esta gama con dous modelos novos, o Galaxy A50S e o Galaxy A30S, que incorporan pequenas melloras sobre os terminais base.

Samsung Galaxy A50S

Comezando polo Galaxy A50S temos pequenos cambios que afectan tanto ao rendemento como a fotografía, cun procesador lixeiramente máis rápido e a integración do modo de mellora de xogos do Note10 por un lado e co cambio da cámara principal traseira (dun modelo de 25 a outro de 48 Mpx) e frontal (pasando dun sensor de 25 a outro de 32 Mpx).

As súas especificacións son as seguintes:

  • Pantalla: 6,4 polgadas AMOLED (2340 x 1080 píxeles, relación 19.5:9)
  • Procesador: 8 núcleos (4 x 2,3 GHz + 4 x 1,7 GHz)
  • RAM: 4 ou 6 GB
  • Memoria interna: 64 ou 128 GB (ampliábeis por microSD até 512 GB)
  • Cámara traseira: 48 Mpx con f/1.7 + 8 Mpx con f/2.2 (gran angular) + 5 Mpx con f/2.2.
  • Cámara frontal: 32 Mpx con f/2.0
  • Batería: 4000 mAH
  • Outros: NFC, sensor de pegadas dixitais baixo a pantalla, USB-C, Bluetooth 4.0, …

Samsung Galaxy A30S

No caso do Samsung Galaxy A30S a mellora témola na fotografía, onde pasamos de ter un sensor principal de 16 Mpx a outro de 25 Mpx (o que levaba o A50), así como tamén un terceiro sensor traseiro.

Esta é a súa ficha de especificacións

  • Pantalla: 6,4 polgadas AMOLED (2340 x 1080 píxeles, relación 19.5:9)
  • Procesador: Exynos 7904 (8 núcleos, 2 x 1,8 GHz + 6 x 1,6 GHz)
  • RAM: 3 ou 4 GB
  • Memoria interna: 32, 64 ou 128 GB (ampliábeis por microSD até 512 GB)
  • Cámara traseira: 25 Mpx con f/1.7 + 8 Mpx con f/2.2 (gran angular) + 5 Mpx con f/2.0.
  • Cámara frontal: 16 Mpx con f/2.0
  • Batería: 4000 mAH
  • Outros: NFC, sensor de pegadas dixitais na parte traseira

Sobre o autor

Reply