Dispoñíbel a actualización a Gingerbread para os Xperia X10

Parece que as galletas de xenxibre van chegando para (case) todos. O último terminal en ter dispoñíbel a actualización é o Sony Ericsson X10, que dende hoxe en adiante irá estando dispoñíbel para todos os dispositivos a través do software PC Companion.
A versión que se instalará é a 2.3.3, que alén das melloras de Gingerbread tamén optimiza aspectos propios de Sony Ericsson, como Facebook Inside Xperia, o reprodutor de música ou un widget de fotos.
Pero segundo informan dende Sony Ericcson, a actualización eliminará algunha aplicación como Creatouch, Neoreader ou Quadrapop; así mesmo, Moxier Exchange será reemprazado co soporte de Exchange nativo de Gingerbread.
A actualización tamén borrará datos como contactos ou mensaxes almacenados na memoria do teléfono, pero non aqueles que estén gardados na tarxeta microSD.

Sobre o autor

Reply