Mide a túa actividade cerebral co teu Android

O certo é que é sorprendente a gran cantidade de cousas que podemos facer cos nosos smartphones, algunhas máis insólitas ca outras. Unha das que nos sorprendeu enormemente das máis recentes foi a posibilidade de controlar a nosa actividade cerebral.
Trátase dun prototipo de ferramenta elaborada polo laboratorio xaponés KDDI R&D, que emprega un sensor colocado arredor na cabeza e outro na orella complementados cunha aplicación que nos obriga a estimular o noso cerebro. Así, vai medindo a nosa concentración ou as áreas máis activas do noso cerebro.
Se ben é certo que non estamos ante a panacea, trátase dun paso máis no desarrollo tecnolóxico smarphones-corpo humano. Quizáis algún día o noso terminal leve todo o control da nosa saúde. Demasiada intromisión ou mellora da calidade de vida? Vós que pensades?

Vía

Sobre o autor

Reply