Hai uns días enterámonos de que Evernote, a popular aplicación de notas, tiña dispoñíbel gran parte do contido do seu web en galego, algo que nos aledou a moitos.
Agora tamén é posíbel poñer a aplicación en galego, aínda que para ilo sexa posíbel instalar unha segunda aplicación e que se nos cambien os textos do menú Android a inglés.
Par poder mudar o Evernote ao galego é preciso que instalemos More Locale 2, que está dispoñíbel gratuitamente no Market. Unha vez descargada e aberta esta aplicación, accedemos ao seu menú e pulsamos “Add locale”. Completaremos a información de configuración que nos piden cos seguintes datos:
- Etiqueta: Galego
- Idioma: gl
- País: ES
Logo diso pulsamos “Add” e xa nos aparecerá o Galego na lista de idiomas. Non teremos máis que seleccionalo e saír da aplicación.
Deste xeito, ao abrir Evernote xa o teremos en galego pero, como dixemos antes, a cambio de ter todo o resto do sistema Android en inglés.
Graciñas a @eche_o_que_hai por pasarnos esta información.