R lanzará mañá a Galaxy Note

A operadora galega R vén de amosar, unha vez máis, a súa aposta por Android coa inclusión no seu catálogo da Galaxy Note, ese dispositivo a medio camiño entre tablet e smartphone que tan ben está a funcionar a Samsung.
Coas súas 5,3 polgadas, a Galaxy Note é a ferramenta perfecta para aquelas persoas que polo seu traballo (ou por ocio, por que non?) teñen que estar conectadas boa pare do día.
Dispón de procesador dual core de 1,4 GHz, 8 GB de memoria interna e dobre cámara, de 8 MP a traseira e 2 MP a dianteira. A súa batería é de 2500 mAh e vén con Gingerbread, aínda que nas vindeiras semanas recibirá a ansiada actualización a Ice Cream Sandwich.
Conta cun stylus que se integra no terminal para facilitar a introdución de texto e tamén o poder debuxar.

Polo de agora non sabemos nada dos prezos aos que se comercializará, en canto os teñamos publicarémolos no blogue.

Sobre o autor

Reply