EyeEm: sácalle máis partido ás túas fotos

Unha das principais funcionalidades dos nosos smartphones é a da fotografía. Tanto é así que as aplicación para sacar fotos, aplicar filtros e compartir están a resultar unha auténtica revolución.
Entre as infinitas posibilidades fotográficas hoxe queremos falarvos de EyeEm, outra aplicación baseada en filtros, pero que ten tamén un compoñente social diferenciador.
E é que EyeEm permite compartir as imaxes tratadas con algún dos seus 14 filtros en diferentes redes sociais (Twitter, Facebook, Foursquare e Tumblr) e na súa propia. Esta última ten a funcionalidade de “buscar arredor”, para ver que imaxes subiron outros usuarios que anden pola nosa zona (e empreguen a aplicación, claro), polo que poderemos descubrir novos lugares e quen sabe se novos amigos…
EyeEm é unha aplicación gratuíta que está dispoñíbel na Play Store.

Sobre o autor

Reply