A Nexus 7 4G xa está dispoñíbel no noso país

Nexus 7 2013Google vén de anunciar que a versión LTE-4G da súa tablet Nexus 7 xa se pode mercar no noso País, a través da Play Store, cun prezo de 349 €.

A versión que se comercializa é a de 32 GB de memoria interna. Polo de mais, as súas características pasan por un procesador SnapDragon de 4 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM, pantalla de 7 polgadas (1902×1200), dobre cámara (traseira de 5 e frontal de 1,2 megapíxeles) e batería de 3950 mAh. Como sistema operativo trae Android 4.3, a última versión dispoñíbel de Android.

O envío é gratuíto por tempo limitado.

Sobre o autor

Reply