Razóns polas que non compensa mercar o Sony Xperia Z2, que se pon hoxe á venda

Xperia_Z2_Black_Front_Colorrange

Sony presentou no MWC o Xperia Z2, o seu dispositivo de referencia desta primeira parte do ano, chegado apenas 5 meses despois que o seu predecesor, o Xperia Z1, que coñecemos durante a IFA de Berlín.

Malia que Sony podería ter evolucionado moito o terminal nese tempo, a dicir verdade apenas hai cambios entre eles, nin de deseño nin de especificacións, polo que plantexarse cambiar de dispositivo sendo posuidor da primeira versión tería pouco sentido. Pero, que acontece se temos que mudar de terminal? Compensa coller o Z2 fronte o Z1? Definitivamente non.

O Xperia Z2 ponse á venda por 699 €, isto é, 259 € máis caro que os 440 € que custa o Xperia Z1 en moitas tendas en liña, por exemplo, en Amazon. Esta diferenza de prezo non vén xustificada por diferenzas nas características técnicas, como podemos ver no seguinte cadro:

Xperia Z1 Xperia Z2
Polgadas/Resolución/ppi 5 / 1920 x1080 / 441 5.2 /1920×1080 /423
Procesador 4 núcleos a 2,2 GHz 4 núcleos a 2,3 GHz
RAM 2 GB 3 GB
ROM 16 GB 16 GB
Batería 3000 mAh 3200 mAh
Cámaras 20.7 / 2 megapíxeles 20.7 / 2 megapíxeles
Versión de Android 4.4 (xa actualizado) 4.4

Aínda que puidera parecer sustancial o aumento da memoira RAM, na práctica a experiencia de usuario vai ser a mesma, polo que poñer ese GB de diferenza unicamente ten sentido para tentar xustificar un prezo excesivo. Temos próximo o caso de Samsung, quen introduxo no seu buque insignia deste ano, o Galaxy S5, 2 GB de RAM malia ter comezado a instalar cos 3 GB no Galaxy Note III, conscientes de que a experiencia de usuario non sería peor sen ese GB de diferenza.

O aumento de pantalla en 0,2 polgadas tampouco xustifica o aumento do prezo, como demostra o LG G2, que tamén dispón dun panel de 5,2 polgadas e o resto de características semellantes ao Z2 (a excepción da cámara principal) por 370 €, isto é 329 € máis barato que o dispositivo de Sony.

Chegados a este momento de maduración de Android e dos teléfonos intelixentes é importante que os fabricantes comecen a decatarse que o importante non é presentar terminais por presentar, senón aportar algo diferente e innovador, produtos que xustifiquen o lanzamento de novas versións dos trebellos. Desde logo, lamentabelmente, este non é o camiño que está a seguir Sony.

Sobre o autor

Reply