Tras a IFA de Berlín o panorama de smartwatchess Android multiplicouse considerabelmente e xa temos un bo número de opcións, como podedes ver neste outro artigo. A eles sumarase en breve a alternativa de Alcatel, o OneTouch Wave, que destaca pola súa pantalla redonda, similar á que integra o Moto 360 ou o LG G Watch R.
Segundo parece, o reloxo que prepara Alcatel terá detector de frecuencia cardíaca e cargador por USB, aínda que descoñecemos as súas especificacións completas. Ademais, segundo parece, situaríase entre as opcións máis económicas de Android Wear, nun prezo que ficaría entre os 149 e os 199 euros.
Que vos parece esta opción? A nós tennos moi boa pinta!