Tag Heuer Connected, o primeiro smartwatch de luxo con Android Wear

Son varios os fabricantes tradicionais de reloxos que amosaron o seu interese polos dispositivos conectados e están a traballar nos seus smartwatches, concientes de que existe un crecente público interesado por trebellos que se conecten cos seus smartphones para complementalos.

Entre eles está Tag Heuer, quen en marzo deste ano anunciou a sinatura dun contrato con Google para desenvolver un reloxo de alta gama inspirado no modelo Carrera e baseado en Android Wear. Este reloxo vén de facerse oficial, co nome de Tag Heuer Connected, o primeiro reloxo de gama alta en usar o sistema operativo de Google.

Tag Heuer Connected - 2

O dispositivo ten a caixa acabada en titanio de grao 2, cos números satinados e en relieve. O bisel está revestido de carbono de titanio negro arendado e tratamento antipegadas. Así mesmo, é estanco segundo a norma IP67.

Google destacou a pantalla con cristal de zafiro, resistente ás rabuñadas; ten 1,5 polgadas e resolución 360 x 360 (240 ppp). O resto de especificacións son as habituais dos reloxos con Android Wear: procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, 1 GB de RAM, 4 GB de memoria interna e batería de 410 mAh

O trebello está dispoñíbel con correas en até 7 cores (verde, azul, laranxa, vermello, branco, negro e amarelo) e pódese mercar por 1350 euros, aínda que na tenda en liña só dispoñen do modelo con correa negra.

Sobre o autor

Reply