Xa dispoñíbel a actualización a Lollipop para todos os LG G3

lg g3 lollipop

Tras o anuncio da actualización dos LG G3 de Vodafone a Android 5.0 Lollipop, a semana pasada, a compañía coreana vén de anunciar que o novo firmware chega ao resto de G3, polo que xa é posíbel disfrutar da última versión de Android nos nosos trebellos.

A actualización chegará a través de OTA nalgún momento, aínda que para quen non queira esperar está a opción de empregar o programa de xestión LG PC Suite. É tan doado como descargar dito programa, conectar o noso smartphone por USB e comprobar as actualizacións.

Sobre o autor

Reply