Sony quere que todos os lentes sexan intelixentes

sony glass

Por moito catastrofista que haxa augurando un futuro negro para trebellos como as Google Glass, o certo é que a tecnoloxía de vestir chegou para quedar. Hoxe queremos falarvos da aposta paralela aos lentes de Google que está a desenvolver Sony, un módulo que poderemos engadir a calquera lentes que xa teñamos pola casa, convertíndoa así en intelixente.

sony glass 3

Como podedes ver na imaxe superior, o resultado final é bastante semellante ao das Glass. Dispón dunha pantalla OLED de 0,23 polgadas (640 x 400 píxeles) que simula un panel de 16 polgadas a 2 metros de distancia, procesador ARM Cortex A7,400 mAh de batería e conectividade wiFi + Bluetooth.

sony glass 2

O prototipo actual, que veremos no CES de Las Vegas, pesa 40 gramos e sitúa unha banda arredor da nosa cabeza, para facer uso das dúas patillas dos lentes. Porén, é probábel que isto mude na versión final, que debería chegar nalgún momento ao longo do 2015.

De cumprirse as previsións, se 2014 foi o ano das pulseiras e dos reloxos intelixentes, o ano que vén será o das lentes. Estamos preparadas?

Máis información.

Sobre o autor

Reply