O novo Elephone P5000 promete 4 días lonxe do cargador

Onte xa falamos do Blu Studio Energy, un dos smartphones dados a coñecer no CES que destaca pola súa batería de 5000 mAh; hoxe toca presentarvos o Elephone P5000, que cos seus 5350 mAh de batería promete 4 días de independencia enerxética.

Elephone P5000

Mais a batería non é a única baza deste dispositivo que polas súas especificacións poderíamos situar nunha gama media – alta. A súa pantalla é un panel FullHD de 5 polgadas, mentres que como procesador escolleron un MediaTek de oito núcleos a 1,7 GHz. Ten 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e cámaras de 16 e 8 Mpx, ademais de lector de pegadas dixitais.

Elephone P5000 2

Está previsto que chegue ao mercado a finais de mes con Android 4.4 KitKat a un prezo polo de agora descoñecido.

Preferiríades perder algo en deseño por ter máis autonomía?

Sobre o autor

Reply