Malia ter sido anunciados a finais de outubro, non foi até hoxe cando Samsung nos presentou os novos Galaxy A3 e Galaxy A5, compoñentes dunha saga que aspira a soterrar as liñas Mini e Ace. Ambos os dous recollen aspectos até o de agora reservados ás gamas altas da compañía, ademais duns acabados de calidade que achegan de primeiras moi boas sensacións, en grande medida grazas á presenza do aluminio.
Malia que comparten gran parte das súas especificacións, na seguinte táboa podemos comparalos para apreciar as súas diferenzas:
Galaxy A3 | Galaxy A5 | |
Pantalla | 4,5” | 5” |
Procesador | Quadcores a 1,2 GHz | Quadcores a 1,2 GHz |
RAM | 1,5 GB | 2 GB |
Memoria | 16 GB (+ microSD) | 16 GB (+ microSD) |
Cámaras | 8/5 Mpx | 13/5 Mpx |
Batería | 1900 mAh | 2300mAh |
Conectividade | ??? | 4G Cat 4 |
Prezo | 299 € | 399 € |
Segundo nos comentaron, están orientados ao público máis mozo, polo que a cámara dianteira ten bastante importancia, non só por ter un sensor de 5 megapíxeles, senón porque tamén incorpora solucións software para mellorar as imaxes automaticamente cando se toman en lugares con pouca luz.
Están dispoñíbeis tanto no mercado libre como a través de operador, podéndose mercar en multitude de cores: branco, negro, prata, rosa, azul clariño e dourado