Google Collections, o “Pinterest” de Google faise oficial

google collections

Disque Google+ non estaba morta, seica estaba de parranda. Hoxe o experimento social de Google volve ser nova co lanzamento de Collections, unha nova funcionalidade de vencellada a Google+ que vén a ser unha especie de Pinterest.

Google Collections permítenos decidir en que temática engadimos as cousiñas que imos publicando de tal xeito que as usuarias poidan seguir unicamente as temáticas que lles interesen. Para que vos fagades unha idea de como se verán, deixámosvos esta mostra que publica AP.

collections android police

Google Collections estará dispoñíbel para todas as usuarias ao longo do día de hoxe. Podedes botarlle un ollo nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply