Mallando no Android

Menu
  • Inicio
  • Aplicacións
  • Reviews
  • Smartphones
  • Tarifas
  • Contacto e redes
    • Contacto e redes
    • Quen somos
    • Nos medios
  • Telegram
  • RSS
Inicio
Actualidade
Os límites da fin do roaming europeo: 90 días ao ano
Actualidade

Os límites da fin do roaming europeo: 90 días ao ano

Autor Iago Varela Martínez O día 6 Setembro, 2016 Non hai comentarios

[Actualización] A EU retira a proposta de límites no roaming, aínda que a alternativa podería ser peor Ler máis.

Levamos moito tempo falando da chegada da fin do roaming en Europa, fixada para o próximo 15 de xuño de 2017. Porén, faltaba por coñecer cales serían as limitacións establecidas pola Comunidade Europea para evitar a pillaxe de contratar servizos noutros países.

Segundo informa El País, que tivo acceso ao borrador do documento elaborado por Europa, a política de uso razoábel establece que o límite será de 90 días de uso en roaming ao ano, ou 30 se se fai un uso ininterrompido da rede allea; é dicir, que antes de que transcurra ese prazo de 30 días debemos conectarnos á nosa rede doméstica. Unicamente quedarán fóra desta limitación as traballadoras transfronterizas, como poderían ser as persoas que van todos os días traballar de Galiza a Portugal ou viceversa.

Ademais, para aquelas persoas que teñen unha tarifa con chamadas ilimitadas ou un bono de datos, farase un baremo co promedio de consumo das clientas da operadora con esa tarifa en concreto, polo que sempre estando dentro dos límites estarase libre de recargos, mais cando se sobrepase poderase aplicar o cargo por roaming. Por poñer un exemplo, se o promedio son 100 minutos ao mes, cobraríase a partir do minuto 101, mesmo estando dentro dos 90 días, ou se o consumo medio fosen 3 GB, cobrarase a partir desa cantidade.

No noso país, Vodafone xa eliminou por completo o roaming, indo máis aló da proposta da UE, xa que tamén serve para países alleos á Comunidade Europea e Estados Unidos. Pola súa banda, Orange tamén moveu ficha, aínda que non cunha aposta tan firme como a de Vodafone.

Artigos relacionados

Xapón tamén bloquea o uso de dispositivos Huawei e ZTE

O pasado mércores Canadá anunciou a detención de Meng Wanzhou, …
10 Decembro, 2018
2 — 3 minutos de lectura

Cumprimos catro anos

Tal día coma hoxe, hai catro anos, naceu Mallando no Android, como …
1 Xullo, 2014
2 — 3 minutos de lectura

EZVIZ anuncia unha nova pechadura electrónica para o fogar con recoñecemento facial 3D e seguridade avanzada

A seguridade do fogar segue evolucionando coa chegada de dispositivos …
31 Marzo, 2025
4 — 5 minutos de lectura

Sobre o autor

Iago Varela Martínez

Techie, geek e frikiño. Apaixonado dos trebellos e da ciencia

No Responses

Reply

Cancelar a resposta

Hosting por Logo Dinahosting

Buscador

Achega económica

Axúdanos cunha aportación económica periódica (suscrición) ou puntual (doazón). Clic aquí para saber máis ou selecciona unha das seguintes opcións.



Selecciona a cantidade



2026 © copyright Mallando no Android
Feito con ❤️ na Galiza. Legal 
Esta páxina usa cookies para mellorar a túa experiencia de navegación. Asumimos que estás dacordo, pero podes abandonar a web se o desexas Aceptar Reject Ler máis
Lei de cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR