Analizamos o Samsung Galaxy S7 Edge

O pasado mes de abril publicamos a nosa análise do Samsung Galaxy S7, unha das dúas versións do terminal referencial de Samsung lanzado no marco do Mobile World Congress. Agora, tras ter probado a versión Edge, queremos falarvos das nosas impresións.

Tendo en conta que o Samsung Galaxy S7 Edge é, internamente, practicamente idéntico á versión estándar do S7, centrarémonos nos principais factores diferenciais.

Deseño

non pasan desapercibidos, pois é precisamente esa curvatura un factor diferencial e identitario, aínda que xa comeza a haber outros fabricantes que se están a apuntar a esa moda, de momento timidamente.

samsung galaxy s7 edge - 2

Ao igual que xa pasara co S6 Edge (e posteriormente co S6 Edge+), o S7 Edge senta moi ben na man, pois este tipo de pantallas reduce a sensación de ter bordes. No pequeno marco lateral esquerdo incorpora os botóns de volume, e no dereito o de acendido, que se complementan co botón central frontal, que de momento Samsung se resiste a eliminar.

Pantalla

A pantalla o Samsung Galaxy S7 Edge, ademais de ter curvatura, tamén é máis grande cá do S7 estándar, pois acada as 5,5 polgadas, cunha resolución de 534 píxeles por polgada. Ten unha viveza de cores que realmente sorprende moito e pódese disfrutar dos contidos nela en todo tipo de situacións lumínicas (mesmo con incidencia directa do sol) sen que iso supoña unha perda de calidade.

A curvatura permítenos ter unha experiencia moito máis inmersiva, algo que non notamos coas aplicacións básicas (redes sociais, mensaxería…) pero si cando empregamos xogos ou cos vídeos, onde parece que contido sae da pantalla.

Software

O S7 Edge usa Android 6.0.1 coa capa TouchWiz de Samsung, e nas próximas semanas (nunha data aínda por determinar) recibirá Android 7.0 Nougat. O principal feito diferencial a nível software neste dispositivo son as funcións que Samsung implementou para a pantalla curva, as Apps Edge.

samsung galaxy s7 edge - 3

Deslizando o panel lateral podemos acceder rapidamente ás nosas aplicacións favoritas, contactos ou información de última hora a través de aplicacións de terceiros, entre outras características, sacándolle todo o partido a esta curvatura da pantalla.

Ademais, os contactos favoritos poden ter asignadas cores para que cando chamen (e quede unha chamada perdida deles) o panel lateral se ilumine en dita cor, o que nos permite identificar a chamada antes de ver o emisor na pantalla, pequenos detalles que resultan realmente atractivos.

Batería

Ter unha pantalla máis grande tamén implica que é necesario dispór dunha batería con maior capacidade. Neste caso temos 3600 mAh (fronte os 3000 mAh do S7), mais en termos de horas de uso atopamos un resultado semellante, dun día completo.

Conclusións

Resúltanos complicado responder a unha pregunta: mellor o S7 ou o S7 Edge? A nível técnico son dous dispositivos practicamente idénticos, polo que a decisión ten que tomarse a nível estético. Nese sentido non podemos ser imparciais, pois o S7 pode ser “un terminal máis”, é dicir, podería facer “calquera” fabricante que dispoña de modelos de gama alta, mais no S7 Edge hai moito máis detrás, e por suposto no resultado final: non é un dispositivo que deixe indiferente a ninguén.

samsung galaxy s7 edge - 1

O Samsung S7 Edge pódese mercar por algo máis de 600 euros no mercado libre, aínda que tamén está dispoñíbel no catálogo das principais operadoras.

Sobre o autor

Reply