HTC U Ultra: así é o novo smartphone de HTC

HTC anunciou onte un novo terminal, o HTC U Ultra, un dispositivo de gran tamaño que combina potencia e deseño, e no que ademais o fabricante incorporou dobre pantalla frontal, implementada dunha maneira moi similar ao LG V20.

O trebello vén cunha pantalla principal de 6 polgadas e resolución QHD (1440 x 2560 píxeles), e no seu interior leva o procesador Qualcomm Snapdragon 821, xunto 4 GB de memoria RAM e versións de 64 e 128 GB de almacenaxe interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

No apartado multimedia, a cámara principal leva un sensor de 12 megapíxeles con apertura f/1.7 , estabilizador de imaxe e enfoque láser, capaz de gravar vídeo 4K e audio en 3 dimensións. Por outro lado, a cámara frontal ten 16 megapíxeles.

Polo demais, o U Ultra vén con batería de 3000 mAh e capacidade de carga rápida Quick Charge 3.0, USB tipo C, lector de pegadas dixitais, HFC e sistema de xeoposicionamento por GPS, GLONASS e Beidou. Como curiosidade, carece de jack de 3.5 mm.

Dobre pantalla frontal

Na parte superior da pantalla temos o segundo panel, que ten como obxectivo servir de lugar no que amosar avisos, recomendacións ou recordatorios que fará o novo asistente de HTC, que vén integrado na capa HTC Sense.

Dispoñibilidade e prezo

O HTC U Ultra xa está dispoñíbel en prevenda nos Estados Unidos por 749 dólares, uns 705 € ao cambio, na version de 64 GB.

Sobre o autor

Reply