OnePlus 5: todo sobre o novo “flagship killer” de OnePlus

Tras meses de rumores e ruxe – ruxes, OnePlus fixo onte oficial o OnePlus 5, que en palabras do propio fabricante viría a ser o novo “flagship killer” da compañía. Malia subir un chisco o prezo de partida con respecto aos modelos anteriores (499 euros), o fabricante non ten previsto mudar o seu modelo de negocio, apostando única e exclusivamente pola venda a través de Internet.

A súa pantalla é de 5,5 polgadas, con resolución Full HD (1920 x 1080 píxeles, 401 ppp), relación de aspecto 16:9, curvatura 2.5D e protección Corning Gorilla Glass 5. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 835, de oito núcleos a 2,45 GHz e fabricado con tecnoloxía de 10 nanómetros, xunto 6 ou 8 GB de memroia RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna.

En canto á conectividade, leva USB Tipo C, admite dúas tarxetas SIM e ten LTE Cat13 (até 600 Mbps). Así mesmo, dispón de lector de pegadas dixitais e NFC, o que abre a porta a todas as opcións de pago móbil. En canto á autonomía, esta vén dada por unha batería de 3300 mAh de capacidade, con carga rápida.

Unha das apostas máis fortes de OnePlus neste novo terminal é a fotografía, cun sistema de dobre cámara posterior formado por un sensor Sony IMX398 de 16 megapíxeles e apertura f/1.7 e outro Sony IMX 250 de 20 megapíxeles e apertura f/2.6. Por outra banda, na parte dianteira do dispositivo temos outra cámara Sony, neste caso o modelo IMX 371 de 16 megapíxeles.

O OnePlus 5 está dispoñíbel en dúas cores, Midnight Black e Slate Gray, e desde hoxe está dispoñíbel a venda anticipada. Para o público xeral ábrese o prazo de solicitudes o próximo 27 de xuño.

Sobre o autor

Reply