Chegan as actualizacións inmediatas a Android

Un dos incordios que tiñamos en Android até o de agora é que as aplicacións tiñan que se actualizar estando pechadas. Así, tiñamos que ir ao aviso que nos lanzaba a Play Store (ou buscándoas nós entrando na tenda) e premendo na opción de actualizar, as novidades e melloras chegaban as aplicacións.

Se tiñamos moitas apps para actualizar e queriamos seguir usando o noso terminal, cando se actualizaba a app que estabamos consultando, esta pechábase e tiñamos que agardar á súa actualización para continuar co seu uso. Desde agora, isto xa non vai pasar máis pois Google porá a disposición das usuarias a “In-App Update Api” un tipo de actualización pola que non é preciso sair da app para que esta se actualice.

Con este novo sistema de actualizacións, o proceso que nos atoparemos será o seguinte:

  • Unha desenvolvedora crea unha mensaxe personalizada que avisa á usuaria mentres usa app que hai unha actualización dispoñíbel.
  • Cando a app instalada nos nosos terminais, detecta que hai unha actualización pendente esta amósanos a mensaxe de aviso creada pola desenvolvedora.
  • A usuaria, decide entón se quere actualizar de xeito inmediato a app sen sair dela, ou se pola contra, non ten presa e vai actualizar vía Play Store coma sempre.

Este novo sistema para actualizar as nosas app, xa está en proceso de probas cun grupo de desenvolvedoras para detectar erros ou funcionamentos non axeitados. Ao rematar estas verificacións, o novo sistema haberá estar a punto para que todas o podamos comezar a empregar, máis aínda non temos unha data oficial para o seu lanzamento.

Sobre o autor

Reply