Vodafone mantense como o operador coa mellor rede por sexto ano consecutivo

A rede de Vodafone volve ser considerada como a mellor do mercado español por sexto ano consecutivo, tal e como se desprende do informe independente Umlaud Connect Mobile Benchmark Espñala 2020, realizado por Unlaut – compañía experta en avaliación comparativa – e a revista Connect.

A metodoloxía empregada combina probas en movemento – aborde dun coche – como a pé – estaticamente para realizar medicións detalladas de voz e datos en circunstancias controladas. Deste modo, obtense unha imaxe precisa da cobertura xeral dos servizos de voz e datos (con especial fincapé no 4G e 5G), as velocidades de descarga reais para as usuarias e a calidade do servizo de banda larga.

Por sexto ano consecutivo, Vodafone imponse no Estado español con 890 puntos sobre 1000, destacando nas categorías de voz e crowdsourcing, e por ofrecer a maior cobertura 5G de todo o estado.

En voz, o informe destaca o aproveitamento que brinda o VoLTE/EVS, conseguindo nos test en coche un 91% de chamadas satisfactorias en cidades, e un 97% en vilas mías pequenas. A pé en cidades, o éxito das chamadas é do 99%. Se falamos de datos, a cousa está máis reñidas nos test en coche en cidades, mais Vodafone destaca nos test a pé

Como primeiro operador en despregar unha rede 5G comercial, Vodafone destacou por ofrecer unhas boas velocidades medias de 465 Mbps, con picos de 887,5 Mbps.

Sobre o autor

Reply