Máis datos na Inimitable de Pepephone sen mudar o prezo

Pepephone vén de anunciar a mellora da súa tarifa Inimitable. A operadora, pertencente ao conglomerado de MásMóvil (que aúna as marcas MásMóvil, Yoigo, Pepephone, Lebara, Lycamobile e Llamaya), pasa a ofrecer 39 GB no canto dos 31 GB que ofrecía até o de agora, e sen mudar o prezo.

Este cambio, aplícase tanto para a carteira actual de clientes como para as novas altas, con data de inicio 1 de marzo, polo que as usuarias que teñen esta compañía disfrutarán da mellora de maneira retroactiva.

No caso de ter contratado unicamente o plan móbil, a tarifa queda en 19,90 €/mes, ofrecendo ademais dos 39 GB as chamadas ilimitadas. No caso do plan converxente, que inclúe móbil e fibra de 600 Mbps, a cota queda nos 48,90 € ao mes.

O que non mellora é a cantidade de gigas que a compañía permite usar en roaming, que se mantén nos 10,96 GB por mes.

Sobre o autor

Reply