Spotify presenta un proxecto piloto para traducir pódcasts a outros idiomas usando IA

Spotify presentou hoxe o seu proxecto piloto de tradución de voz para pódcast, unha innovadora función baseada en intelixencia artificial (IA) que traduce os pódcast a outros idiomas, mantendo a voz do locutor.

Para levar a cabo este proxecto, a compañía máis coñecida do mundo do streaming traballou con varios dos podcasters máis recoñecidos, como Dax Shepard, Monica Padman, Lex Fridman, Bill Simmons ou Steven Bartlett, xerando traducións de voz potenciadas por IA noutros idiomas (entre os que se inclúen o español, francés e alemán) para un número selecto de episodios do catálogo, e tamén para futuros lanzamentos. Ademáis, proximamente sumaranse outros programas, como eff won with DRS de Dax Shepard, The Rewatchables e o novo pódcast de Trevor Noah, cuxo lanzamento está previsto para finais deste ano 2023.

Spotify baseou a súa ferramenta na recén estreada tecnoloxía de xeración de voz de OpenAI para adaptarse ao estilo da voz orixinal, o que permite unha experiencia auditiva máis auténtica, soando moito máis persoal e natural cá dobraxe tradicional.

Como adianto, Spotify vén de lanzar un paquete inicial de episodios traducidos ao español, e nas próximas semanas tamén chegarán ao francés e ao alemán. Poden acceder a el tanto as usuarias do servizo gratuíto como as que teñen algún plan de subscrición premium.

No vídeo que deixamos a continuación pode verse unha mostra desta nova funcionalidade.

Sobre o autor

No Responses

Reply