OPPO comeza o despregamento oficial de ColorOS 14, baseado en Android 14

Logo dunha primeira filtración en outubro das datas de actualización de OPPO á última versión de software, ColorOS 14, baseado en Android 14, o fabricante vén de ofrecer información oficial, tanto de datas como dalgunhas das súas características máis novidosas.

O primeiro que destaca OPPO de ColorOS 14 é a súa interface intuitiva, collendo como referencia a versión anterior, e aplicando novos efectos de son, sistemas de cor e interaccións. Como exemplos, pon en valor a capacidade dos dispositivos con esta versión de softare para adaptar a coloración de forma intelixente ao estado do smartphone, a hora ou o contido que se está a reproducir na pantalla.

Tamén resulta relevante o aumento da eficiencia con funcións baseadas en intelixencia artificial (IA), como SmartTouch, que permite seleccionar contidos como texto, imaxes ou vídeos e recopilalos no File Dock ou consolidalos nunha soa nota mediante xestos, ou o novo File Dock de Smart Sidebar, que facilita o intercambio de contidos entre apps a través da pantalla dividida.

Trinity Engine en ColorOS 14 mellora a fluidez e a estabilidade do smartphone mediante a xestión eficiente dos recursos, como a memoria ou a almacenaxe, destanco a vitalización da ROM, a vitalización da RAM e a vitalización da CPU. A seguridade tamén cobra valor en Android 14, e polo tanto en ColorOS 14. Entre as súas novidades están Picture Keeper (para gardar fotografías ou vídeos persoais), ou o control do uso que fan as aplicacións dos permisos.

Dispoñibilidade de ColorOS 14

A versión beta (ColorOS 14 Global Beta Version) comezou a despregarse nalgúns países no mes de outubro, mentres que a versión oficial chegará primeiro ao OPPO Find N2 Flip, e a partir de aí, a outros modelos da marca.

Sobre o autor

Reply