Vodafone actualiza a velocidade a 600 Mbps a 550.000 clientes

Vodafone vén de anunciar que a súa clientela con tarfias converxentes e servizos de só fibra de 300 Mbps de velocidade pasarán a desfrutar de 600 Mbps, sen que isto implique cambios nas condicións das tarifas, e de xeito totalmente transparente.

A mellora beneficiará a 550.000 clientes da operadora, que pasarán a ter unha conexión o dobre de rápida, multiplicando as opcións para desfrutar do consumo de contidos, así como para xogar online ou teletraballar.

Substitución de routers e decodificadores

Esta iniciativa únese á posta en marcha desde novembro do ano pasado pola operadora para substituír sen custe máis de 200.000 decodificadores de Vodafone TV e máis de 250.000 routers por outros dispositivos con mellores prestacións. Trátase unha acción que desde a compañía destacan que ten impactado positivamente nos clientes que máis anos levan na compañía.

Para o proceso de substitución Vodafone contacta cos clientes por teléfono ou SMS para informar de que xa pode xestionar a substitución de equipos, e posteriormente informa do día e hora na que un técnico de Vodafone acudirá ao domicilio para efectuar o cambio, sen que teñan que facer nada máis.

Sobre o autor

Reply