Xiaomi estrea nova pizarra electrónica con 39 polgadas, e custa menos de 30 euros

Xiaomi ten un ecosistema de produtos que vai moito máis aló dos smartphones, o que levou ao fabricante mesmo a desenrolar un sistema operativo propio, HyperOS, para mellorar a compatibilidade entre eles, especialmente cando teñen ese plus de intelixencia. Algúns destes produtos véndense coa marca Mijia, como a nova pizarra Mijia LCD Blackboard de 39 polgadas.

O fabricante chinés leva anos comercializando -tamén no noso país- diferentes modelos de pizarras intelixentes, uns dispositivos bastante sinxelos que serven para tomar notas ou facilitar os procesos de aprendizaxe, e que en moitos mercados gozan de gran popularidade.

Coa chegada da nova Mijia LCD Blackboard, Xiaomi vai un paso máis aló en canto o tamaño, acadando as 39 polgadas. Ademais faino cun deseño de bordes redondeados, achegando un plus de deseño que encaixa con diferentes ambientes.

Trátase dunha pantalla sen retroiluminación, sobre a que se amosan os trazos que facemos cun lapis propio en cor verde fluorescente, e que ademais é capaz de recoñecer a intensidade. Para borrar, simplemente hai que premer un botón e todo o contido desaparecerá sen deixar rastro.

Para funcionar, a pantalla tan só necesita unha pila, que lle ofrece unha duración extraordinaria e que o fabricante apunta en 100 borrados ao día durante 280 días, o cal é sen dúbida unha gran autonomía.

Dispoñibilidade e prezo

A nova pantalla de Xiaomi está dispoñíbel por algo menos de 30 euros ao cambio na China, onde se pode adquirir a través da plataforma de crowdfunding Youpin, aínda que despois subirá a 39 euros.

Sobre o autor

Reply