Chega o novo OPPO Reno11 F 5G, con oferta de lanzamento

OPPO continúa a acrecentar o seu portfolio de dispositivos móbiles coa chegada ao noso país do novo OPPO Reno11 F 5G. Trátase dun dispositivo de gama media que presume de características moi interesantes, e que se poderá mercar por tempo limitado cunha oferta de lanzamento que permite aforrar parte do seu custe.

Do seu deseño destaca o seu grosor, de apenas 7,54 mm, e un peso de 177 gramos, o que fai que sexa un dispositivo cómodo para manexar no día a día. Ademais, o fabricante presume da durabilidade deste novo modelo, pensando en que as usuarias poidan sacarlle partido durante varios anos: ademais de protección fronte auga e pó segundo o estándar IP65, tamén promete soportar 100.000 pulsacións das teclas de volume e 200.000 pulsacións do botón de acendido. O seu cable pode tamén esta probado para poder enchufarse e desenchufarse 20.000 veces do conector USB-C.

Incorpora unha pantalla AMOLED sen bordes (marco ultrafino de 1,47 mmm) de 6,5 polgadas, con resolución FullHD+ e taxa de refresco de 120 Hz. É capaz de amosar 1.000 millóns de cores, e ten un brillo máximo de 1.100 nits, con capacidade para reproducir contidos HDR10+.

No seu interior leva un procesador MediaTek Dimensity 7050, que ofrece unha computación de 6 nm que fai posíbel unha multitarefa segura, xogos e actividaes esixentes, como a captura de vídeo en 4K. Está acompañado de 8 GB de RAM -expansíbeis mediante a virtualización de 8 GB de ROM como RAM- e 256 GB de capacidade de almacenaxe interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 2 TB de capacidade. A súa batería é de 5.000 mAh, con carga rápida SUPERVOCC de 67W, coa que se carga o 30% en 10 minutos e o 100& en 48 minutos.

A súa cámara traseira triple está presidida por un sensor de 64 MP, con capacidade de gravación 4K, e acompañada por sensores para gran angular (de 8 MP, 25 mm e 120º) e macro (2 MP). O fabricante destaca o Modo Noite, que consigue uns bos resultados para eses momentos de pouca iluminación, así como o motor Portrait Expert Engine de OPPO para mellores fotos en modo retrato. A cámara frontal é un sensor de 32 MP.

O seu sistema operativo é ColorOS 14, baseado en Android 14, que inclúe apps como File Dock (para gardar facilmente imaxes e arquivos mediante o arrastre) e funcionalidades como Smart Touch -para capturar imaxes e textos dentro dunha captura de pantalla- ou Smart Image Matting -para recortar até seis persoas dunha foto e cpoder convertelas nun sticker ou enviales directamente por outra app-. Dispón de conectividade 5G, Bluetooth 5.2, WiFi 6, NFC para pagos móbiles e dual SIM.

Dispoñibilidade e prezo

O novo OPPO Reno11 F 5G está dispoñíbel en dous acabados de cor, Ocean Blue (azul) e Palm Green (verde). O primeiro deles presenta un deseño exclusivo de partículas magnéticas de OPPO, con ondas brillantes e un pulido moi semellante ao cristal, mentres que o modelo verde combina tons esmeralda e verde intenso con destellos sutís. Ambos os dous contan co proceso de deseño OPPO Glow, en que cristais diminutos se gravan a nivel microscópico para crear un acabado brillante e liso.

Até o próximo 7 de abril está dispoñíbel pre-compra, cun prezo de 399 € que inclúe diferentes ofertas exclusivas:

  • No e-commerce oficial de OPPO aplícase 50 € de desconto, e inclúe ademais de regalo un adaptador de 67 W (valorado en 39 €) e uns auriculares OPPO Enco Buds 2 (valorados en 49 €). Inclúe tamén 4 anos de garantía de batería e o sorteo dunha entrada dobre para a final da Champions League.
  • Mercándoo noutros retailers (Amazon, MediaMarkt e El Corte Inglés) as usuarias desfrutarán de 50 € de desconto e uns OPPO Enco Air 3 (valorados en 69 €), ademais de entrar no sorteo da entrada dobre para a final da Champions League.

Máis info | OPPO (ecoomerce) | OPPO (Amazon)

Sobre o autor

Reply