Movistar negocia con MASORANGE a compra de frecuencias 5G

Como xa vimos comentando nos últimos tempos, a fusión entre MásMóvil e Orange da que xurdiu MASORANGE, leva parella a obriga de desfacerse de frecuencias de móbil. Estas imposicións que marca Bruxelas teñen por obxectivo reducir o impacto da chegada dun gran grupo no resto da competencia.

O principal beneficiario deste movemento é Digi, unha das operadoras que máis está a medrar pola súa aposta por fibra e móbil a prezo low cost. Esta compañía quedará con 60 MHz do espectro móbil, que lle permitirán contar cunha rede propia e reducir así a factura de alugueiro que paga polas súas liñas móbiles.

Outros 30 MHz na banda n78 (3,6 GHz), de gran importancia para o 5G, deberán ser devoltos ao Estado ou vendidos a un competidor. Esta segunda opción é a única que contempla MASORANGE, xa que lle permite recibir un ingreso a cambio, e Movistar semella ser a mellor posicionada para quedarse con eles.

Segundo apunta o diario económico Expansión, ambas operadoras están en negociacións para esta venda. Unhas conversas que non se poden demorar moito, xa que a lexislación fixa un prazo de 6 meses para que a nova empresa transfira as frecuencias que posúe por riba do límite legal.

Con estes 30 MHz adicionais, Movistar podería crear unha rede 5G paralela para usos específicos, entre os que se barallan os enlaces de Internet Radio 5G (que dan servizo ás vivendas que quedan sen fibra tras o apagón do cobre previsto para este venres), evitando que estes sufran saturación das conexións de smartphones.

Sobre o autor

Reply