Máis da metade das apps desinstálanse durante o primeiro mes

Segundo os datos de Statista, o 67% da poboación mundial conta dun dispositivo móbil con acceso a Internet, e durante todo o ano 2023 acumuláronse 257 billóns de descargas de aplicacións. Con estes datos sobre a mesa, Rocket Lab elaborou un einforme sobre o comportamento das consumidoras no ámbito móbil durante 2023.

Deste informe extráese que no conxunto do Estado 1 de cada 2 aplicacións desistánlanse nos 30 primeiros días tras a súa descarga, o que supón un problema de retención de usuarias para moitas marcas. Ademais, existen diferenzas moi significativas entre países, xa que dunha análise dos 40 principais mercados do mundo, detectouse que nos países en desenvolvemento a porcentaxe medra entre un 18 e un 30% respecto ao Estado español.

As aplicacións relacionadas coa actualidade informativa son as que encabezan o listado de maior retención, cunha taxa do 9,1%, seguidas das de transporte, fotografía e vídeo, entre as usuarias do sistema operativo Android.

En termos absolutos, as aplicacións de citas son as que acumulan unha maior taxa de desinstalación, seguida de xogos, entretemento, finanzas e estilo de vida. Porén, en termos interanuais, as apps de casinos e apostas experimentaron a caída máis significativa, cun 31%, uníndose ás apps de citas (20%) e redes sociais (18%).

Pero, por que se desinstalan as apps?

Hai diferentes razóns polas que as usuarias desinstalan as aplicacións, a comezar pola saturación de opcións que existen. Tamén a natureza impulsiva da instalación, especialmente en sectores como os xogos, ou o aumento das preocupacións sobre a privacidade dos datos.

Outra razón moi importante é a diferenza entre as promesas da campaña que os anima a descargar a app fronte a experiencia real da mesma.

Sobre o autor

Reply