Cando pensamos en ordenadores gaming, o noso imaxinario lévanos a dispositivos cheos de luces LED e deseños futuríbeis, algo co que racha o novo dispositivo de Corsair. Falamos do Corsair ONE i500, que máis aló da súa interesante folla de características, destaca polo seu deseño e acabados en madeira.
Este acabado conta ademais con certificación FSC, que como indica o fabricante garante que a madeira procede dun bosque xestionado para preservar a biodiversidade. E, para adaptase a diferentes estilos e gustos, ofrécese nun acabado de madeira clara, cos laterais en branco, ou madeira escura, cos laterais en negro.
Diferentes configuracións e un hardware de primeira
O Corsair ONE i500 permite diferentes configuracións, con procesador Intel Core i9-14900k e gráfica NVIDIA RTX 4090. A RAM pode ser de 32 ou 64 GB, e a memoria interna SSD de 2TB. Como sistema operativo leva Windows 11 Pro (PE).
Conta con múltiples opcións de conectividade, que permiten conectar até seis monitores a un tempo. Entre estes conectores destacan:
- 4 portos USB 2.0.
- HDMI 2.1.
- Display Port 1.4.
- 1 porto USB 3.2 Gen 2×2 tipo C.
- 2 portos USB 3.2 Gen 2 tipo A.
- 1 porto LAN 2.5G
- Portos de antena WiFi e Bluetooth.
- Saída de audio óptica S/PDIF
- Conectores de audio HD
- 1 porto HDMI 2.1
- 3 portos DisplayPort 1.4a
Do seu chasis destaca o seu tamaño compacto, un 30% máis pequeno ca un PC de sobremesa convencional. Baixo o revestimento de madeira, está fabricado en aluminio, e no se interior conta cun sistema de refrixeración líquida para a CPU e a GPU. Isto reduce a temperatura sen necesidade de crear un fluxo de aire, o que supón un aforro importante de espazo, ademais da minimización do ruído dos ventiladores.
Dispoñibilidade e prezo
O Corsair ONE i500 xa está dispoñíbel en diferentes configuracións, cun prezo de partida de 4.199 € para a versión con 32 GB de RAM + 2 TB. O modelo con 64 GB sube até os 5499,99 €.
Máis info | Corsair