Google anuncia novidades no CES de Las Vegas

Malia que Google é bastante de ir por libre en canto a anuncios, o CES que se está a celebrar estes días en Las Vegas déixanos novidades sobre os plans da compañía en todo o que ten a ver co entretemento no fogar. Falamos de Android TV e Google Cast Audio.

Relativo a Android TV sabemos que ao longo do ano novas marcas anunciarán modelos compatíbeis. Serán Arcelik, Vestel, RCA, Hisense, TCL e Bang & Olufsen, que se suman ás marcas cos que xa había acordo (Sharp, Philips e Sony). Porén, seguen fóra de todo plan importantes firmas como LG, Samsugn e Panasonic, compañías que, polo de agora, prefiren centrar os esforzos nas súas propias plataformas de televisión intelixente.

android tv

Mais aló de Android TV, as novidades tamén chegan a Google Cast, a evolución de Chromecast para a música. Google anuncia neste eido tamén novos acordos con fabricantes de altofalantes e barras de son para que integren esta tecnoloxía, de maneira que poidamos enviarlles de xeito áxil a música desde a reproducir desde os nosos trebellos.

Os novos membros deste acordo son Hardan Kardon, Onkyo, Philips, Pioneer e Raumfled, que se suman a Sony e LG, cos que xa traballaran antes. Ademais, Google confirmou que poderemos combinar varios destes dispositivos para traballar conxuntamente, co que a experiencia multimedia nos nosos fogares mellorará notabelmente.

Sobre o autor

Reply