R elimina o roaming nas chamadas recibidas na UE

Hai unhas semanas Euskaltel anunciou que deixaría de cobrar as chamadas recibidas polas súas clientas cando se atopan en itinerancia (roaming) nalgún país da Unión Europea. Agora é R quen se suma a esta proposta, polo que as usuarias da operadora galega poderán beneficiarse desta mellora nas súas viaxes a partir do 20 de xuño, e sen ter que facer nada.

Esta novidade vai máis aló do que obriga a regulación da UE, que desde o 1 de maio establece un custe máximo de 1,38 céntimos por minuto por chamada recibida, polo que as usuarias de móbilR unicamente pagarán polas chamadas realizadas ou polos datos as cantidades que podemos ver na súa web.

A única limitación que poñen é un límite de 60 minutos por chamada, aínda que sempre se pode facer o “truco” de colgar e volver chamar. Os países incluídos son Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Cidade do Vaticano, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda (Eire), Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Noruega, Polonia, Portugal (Azores/Madeira incluído), Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

Deixa un Comentario