FreedomPop xa permite tramitar portabilidades

FreedomPop chegou hai uns meses ao noso país revolucionando o sector da telefonía móbil. A súa tarifa gratuíta con 100 minutos, 200 MB e 300 SMS axiña cativou a moitas usuarias que precisaban dispór dunha segunda liña móbil para os seus smartphones ou tablets, máis tamén cunhas opcións de pago moi asequíbeis.

Porén, o maior “pero” desta operadora é que unicamente permitía activar novas liñas, pois as portabilidades ficaban para unha segunda fase do proxecto. Este momento por fin chegou, e desde hai aproximadamente unha semana xa se poden tramitar portabilidades (entrantes e saíntes) a/desde FreedomPop.

Como apunte, para as portabilidades saíntes (de FreedomPop a outras compañías), o máis probábel é que o sistema da nova operadora só acepte a liña se seleccionamos o operador doante (que sería FreedomPop) como unha liña de prepago pertencente a FonYou.

FreedomPop ofrece actualmente un total de 5 plans, que pasamos a resumir:

  • 200 Básico: 100 minutos, 200 MB e 300 SMS gratis ao mes.
  • 1,5 GB Premium: 200 minutos, 1,5 GB de datos e 500 SMS por 5,99 €/mes.
  • 2 GB Premium: minutos e SMS ilimitados e 2 GB por 8,99 €/mes
  • 5 GB Premium: minutos e SMS ilimitados e 5 GB por 15,99 €/mes
  • 10 GB Premium: minutos e SMS ilimitados e 10 GB e 28,99 €/mes.

Ademais, a operadora xa ofrece o seu primeiro teléfono móbil, o FreedomPop V7, que se pode adquirir por 59 €.

Sobre o autor

Reply