R prepara a chegada da fibra de 10 Gbps coa nova “Fibra MAX”

Logo de que as operadoras Digi e Orange anunciaran candasúas ofertas de fibra FTTH de até 10 Gbps para clientes comerciais, agora é a operadora galega R, que forma parte do conglomerado de marcas do Grupo MásMóvil, a que traballa na implantación deste novo produto chamado Fibra MAX, que é posíbel grazas ás posibilidades da tecnoloxía XGS-PON.

Como xa temos comentado recentemente, R está a actualizar a súa rede de cable HFC por fibra FTTH, o que lle permite ofrecer velocidades de conexión simétricas. Pero ademais, estes traballos están sendo aproveitados para facer o equipamento compatíbel con XGS-PON.

Co cambio á nova rede tamén é necesario cambiar os equipos, en concreto o router, que pasa a ser un modelo fabricado por ZTE con WiFi 6, o que extende a cobertura ao tempo que tamén mellora a velocidade de conexión. Malia todo, non será posíbel desfrutar de toda a velocidade nun único dispositivo, xa que os seus portos son Ethernet Gigabit na WiFi temos uns límites de 2,5 Gbps en baixada e 1,25 Gbps en suba, pero si que veremos mellorada a nosa experiencia se empregamos varios dispositivos capaces de sacarlle partido.

Polo de agora R non fala de prezos para o que será o produto insignia da compañía, a conexión de 10 Gbps, e a actualización á nova Fibra Max para as usuarias que van tendo cobertura simplemente implica o cambio a velocidades simétricas sen cambio de prezo.

Sobre o autor

Reply