Zegona faise con Vodafone por 5.000 millóns de euros

Tras varios días de rumores e díxome-díxomes, a nova fiase oficial: o fondo británico Zegona mercará Vodafone por 5.000 millóns de euros. Trátase do maior movemento no sector das telecomunicacións desde o anuncio de fusión entre os grupos Orange e MásMóvil, que xa vai encamiñada.

Zegona non é unha descoñecida no noso país, pois formou parte do accionariado do Grupo Euskaltel cando este se fixo coa galega, e tamén adquiriu Telecable (a operadora de cable de Asturias) no 2015. O seu nome volveu soar forte no 2019, cando tentou facerse – sen éxito – con Yoigo.

Malia que nun primeiro momento todo apunaba a que Zegora faríase co 50% de Vodafone, finalmente a operación contempla a compra do 100% da filial española de Vodafone. Cando menos 4.100 millóns de euros facilitaríanse en efectivo, e arredor de 900 millóns de euros en forma de RPS (accións preferentes reembolsábeis), cun prazo de reembolso máximo de seis anos desde o peche da operación.

O acordo entre Zegona e Vodafone contempla que o fondo de inversión poderá empregar durante 10 anos a marca Vodafone no Estado español, e tamén establece que Vodafone prestará algúns servizos a Vodafone España por uns 110 millóns de euros anuais.

Máis información | Vodafone

Sobre o autor

No Responses

Reply