OnePlus revela o deseño do OnePlus 12

O OnePlus 12 presentarase o próximo 4 de decembro, pero a compañía adiantou a sorpresa, revelando o seu deseño de maneira oficial. Malia que o novo modelo segue unha liña continuísta respecto ao seo predecesor, tamén inclúe algunhas evolucións.

O principal cambio de deseño ten que ver co cambio de ubicación do icónico control Alert Slider, un botón físico que permite cambiar rapidamente entre os modos con son, silencio e vibración. Este control pasa a estar no lado esquerdo do teléfono, permitindo ao fabricante introducir unha nova antena integrada para ofrecer un rendemento mellorado para xogos.

Baseándose en probas internas, a compañía determinou que a posición óptima das antenas é entre os dedos índice das usuarias cando estas suxeitan o teléfono en horizontal, un espazo que até o de agora empregaba o Alert Slider no caso do OnePlus 11.

Ter reposicionado o Alert Slider supuxo tamén un reto á hora de garantir unha intensidade óptima do sinal da antena no mesmo lado do teléfono, que OnePlus resolveu empregando unha antena ultracompacta de banda completa e a tecnoloxía de integración de antena,para así minimizar ao máximo o espazo ocupado polo Alert Slider. Con este cambio, o sinal para xogos pode mellorar en 3 DB, coa latencia do xogo reducida nun 15%.

Deseño inspirado na natureza

OnePlus define o seu deseño cunha filosofía coa que a compañía quere achegarse á natureza e á esencia armónica do mundo. Busca a inspiración en paisaxes naturais nos que predeminan os camiños sen límites e as posibilidades infinitas entre as montañas, ríos e vales.

En concreto falan da inspiración no río Dart, para o cal empregaron a cámara Hasselblad cob obxectivo periscópico 3X que incluirá o OnePlus 12 e a tecnoloxía AG para capturar a textura do río trenzado, logrando imprimir a textura do río na superficie de cisrstal do dispositivo.

Teremos que telo na man para ver como se materializan todas estas ideas no dispositivo que verá a luz a próxima semana.

Sobre o autor

Reply