MásOrange, o nome da sociedade formada polos Grupos Orange e MásMóvil

Logo da aprobación polo Consello de Ministros da fusión entre o Grupo Orange e o Grupo MásMóvil, do que concentrará o maior número de clientes do Estado, ambas compañías traballan nos últimos flecos que culminarán coa formalización da fusión nos próximos días. Entre estes detalles están o nome, que segundo apuntan fontes de elEconomista, xa está decidido e será MásOrange.

MásOrange tería conseguido ser a marca de consenso fronte outras opcións valoradas, como as evidentes Orange-MásMóvil e MásMóvil-Orange, e outras máis creativas, como +O e mesmo More. Precisamente esta última podería non estar descartada no futuro, quizais como marca comercial dun operador ou produto.

Durante todo o proceso da fusión, ambos grupos mantiveron unha actitude de “fusión entre iguais”, que os levou a pedir un trato equitativo en todos os puntos da unión, desde as cotas e poder até estes asuntos, que poderían resultar a priori máis vanais.

Como curiosidade, os rexistros de internet masorange.com e masorange.es foron rexistrados o mesmo día que ambos grupos recoñeceron que estaban a traballar na fusión, hai preto de dous anos. O rexistrador foi Acens, unha compañía tecnolóxica de Telefónica que traballa con varias operadoras, entre elas MásMóvil.

A seguinte incógnita que deberá despexarse é o futuro do senfín de marcas que aglutinan ambas compañías, xa que xuntas suman 15 marcas comerciais. Se ben Orange foi simplificando o abano para quedarse con tres -Orange, Jazztel e Simyo para os segmentos premium, medio e low-cost- o Grupo MásMóvil mantén 12 marcas: MásMóvil, Yoigo, Pepephone, Virgin Telco, Lebara, Lycamobile, R, Euskaltel, Telecable, Llamaya e Guuk e Pepephone.

Sobre o autor

No Responses

Reply