Digi negocia con Cellnex o despregamento da súa rede móbil

Logo de ter adquirido espectro radioelétrico grazas aos remedies de MÁSORANGE, a operadora DIGI apura os tempos para poñer en marcha a súa rede de telefonía móbil. Ocupará o lugar que viña tendo Yoigo como cuarto operador con rede propia no Estado, ao pasarse os clientes desta compañía á rede de Orange, moito máis extensa.

Tras a fusión de Orange e Másmóvil, Digi conta con 60 MHz de espectro (en tres bandas, unha delas exclusiva de 5G). Isto vai permitir á compañía ofrecer cobertura directa aos seus clientes en cidades e grandes núcleos de poboación, reducindo a dependencia de outras operadoras (e polo tanto, o prezo a pagar por usar outras redes). Porén, terá que manter acordos de roaming nacional para poder chegar a localidades máis pequenas e zonas fóra dos núcleos.

O acordo obriga a Digi a poñer a súa rede en marcha antes de que remate o 2025 (e a usala durante 10 anos), e aínda que o título habilitante aínda non foi aprobado polo Ministerio de Transformación Dixital, a operadora xa negocia a súa posta en marcha.

Así o conifrmou Marco Patuano, conselleiro delegado de Cellnex, a operadora neutra que conta con 8.769 emprazamentos ao longo de todo o territorio español. De acabar chegando a un acordo, Digi podería despregar en tempo récord a súa rede, xa que os emprazamentos de Cellnex contan cunha ubicación estratéxica e todo o necesario para poñer a andar a rede.

Digi e Cellnex teñen xa experiencia en acordos previos no veciño Portugal. A raíz destes, Cellnex puxo a disposición de DIGI as súas infraestruturas para instalar o equipamento da operadora móbil nos seus emprazamentos.

Sobre o autor

Reply