Primeiras impresións do LG Watch Urban e LG Watch Urban LTE

lg watch urbane 2

LG deu a coñecer hai uns días o LG Watch Urban, unha evolución do G Watch R, o primeiro reloxo Android Wear con pantalla completamente circular, aínda que non foi até agora, no MWC, onde puidemos ter un primeiro achegamento ao dispositivo.

A modo de lembranza, enumeramos as principais especificacións técnicas:

  • Pantalla P-OLED circular de 1,3 polgadas (320 x 320, 245 ppi)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 400 a 1,2 GHz
  • 512 GB de RAM
  • 4 GB de memoria interna.
  • Batería de 410 mAh
  • Sensores de 9 eixos (xiroscopio, acelerómetro, brúxula), barómetro e sensor de pulso cardíaco.
  • Resistente á auga e pó segundo o estándar IP67.

lg watch urbane

Tras ter podido xogar un pouco con el durante o MWC podemos dicir que a experiencia software é a mesma que temos no G Watch R, pois non hai variacións no sistema operativo nin apenas nas especificacións. Os cambios son precisamente na parte visíbel, nos acabados, apostando por un metal que resulta especialmente atractivo. Tamén o é a correa coa que se comercializa orixinalmente, aínda que LG apostou novametne por un modelo intercambiábel.

lg watch urbane 3

LG Watch Urbane LTE

Xunto o LG Watch Urbane, o outro modelo de reloxo que a empresa surcoreana levou ao MWC foi o Urbane LTE, que como se indica no propio nome ten conectividade á rede por 4G-LTE.

lg watch urbane lte

A conectividade non é o único que cambia neste reloxo, xa que tamén mudan outras especificacións como a batería (700 mAh), a RAM (1 GB) e o sistema operativo, prescindindo de Android Wear. Isto último fai que teñamos unha interface diferente, pero igualmente moi intuitiva e doada de usar.

O deseño tamén é un chisco diferente, mesmo engadindo dous botóns extra para facilitar o manexo das opcións que permite a maiores sobre o modelo Android.

A falta de poder probalo en profundidade e ver como se comporta no día a día, gustounos moito deste modelo as posibilidades que ofrece nun tamaño compacto e con total independencia do teléfono, a diferenza doutros smartwatches que poderíamos considerar semellantes, como o Gear S.

No Responses

Deixa un Comentario